Celebremos o futuro no día de San Isidro

Se algo nos ensinou a crise da COVID-19 é que vivir o futuro comeza por saber afrontar o presente. Por iso hoxe dende a nosa compañía queremos reivindicar o que move á nosa actividade os outros 364 días do ano (neste 2020 foron 365, para ser precisos): e é que, como cada 15 de maio, o mundo labrego celebra o día do seu patrón, San Isidro.

O santo, ao que tradicionalmente se lle piden boas colleitas e choivas, foi tamén un home de campo, un xornaleiro no Madrid musulmán de hai case 1000 anos. E se o bo de San Isidro puidese viaxar no tempo e visitase os nosos días, que pensaría?

Por suposto sentiría rubor, pero tamén moito agradecemento pola  veneración que lle profesan os seus compañeiros de profesión. Admiración polos avances tecnolóxicos que fixeron máis liviás e produtivas as tarefas, como a substitución dos seus bois pola maquinaria de hoxe. Pero, sobre todo, orgullo por ver como os agricultores e os gandeiros están a repensar os seus modelos produtivos para, en certo xeito, volver ao momento de partida.

Porque se hai algo que será familiar para o santo en todo o que verá, 1000 anos despois da súa época, é o modelo de economía circular que define a nosa actividade, ferramenta esencial para lograr a producción sostible. Apreciará con naturalidade a valorización dos recursos para xerar fertilizantes porque el tamén o facía cos residuos que xeraban as súas bestas e cos restos das colleitas. Quizais, afeito a cultivos e tarefas doutras dimensións, este proceso pareceralle algo imposible ata que descubra a figura de Agroamb. A xestión dun volume de residuos orgánicos de tal magnitude, a súa valorización e o seu procesado en fertilizantes, que acabarán de novo no campo, prodúcese grazas á nosa colaboración con gandeiros e agricultores.

O noso protagonista contemplará, satisfeito, o traballo do sector agrogandeiro como motor para un cambio de paradigma. Xusto na semana na que se celebra tamén o Día Mundial da Reciclaxe, poderá observar orgulloso como todo este proceso contribúe a que a actividade agraria sexa un factor de gran importancia para que a sociedade cumpra cos obxectivos de desenvolvemento sostible. Así, antes de volver ao seu tempo, San Isidro vería como o rural labra o seu futuro. Un futuro que quere ser inclusivo, innovador, concienciado co medio ambiente e a contorna, no que se garantirá un traballo decente e un crecemento económico. Novos tempos nos que encher a España baleirada e todo grazas ao voso esforzo.

Por iso, desde  Agroamb queremos darvos as grazas e desexarvos un moi feliz Día de San Isidro a todos os agricultores e gandeiros que día a día axudades a que cada vez esteamos máis preto dese cambio.

No Comments

Post A Comment

Translate