Que son os Servizos Ecosistémicos?

É innegable que o último ano e medio cambiou, en gran medida, a perspectiva da sociedade con respecto a diferentes aspectos que podían pasar desapercibidos para moitos. Cuestións como a investigación, o valor dos profesionais involucrados na loita contra o virus ou a importancia dos sistemas sanitarios pasaron a un primeiro plano.

Mais se algo aprendeu o ser humano durante esta pandemia, provocada por unha zoonose, é o valor fundamental que ten o coidado da biodiversidade e os ecosistemas. Talvez moitas persoas non sexan capaces de ver a primeira vista o resultado tanxible dos servizos que os ecosistemas achegan ao planeta. A eses beneficios, que melloran a saúde, a economía e a calidade de vida de todos e todas, denominámolos Servizos Ecosistémicos.

As cinco dimensións do benestar humano (materiais básicos, boas relacións sociais, liberdade de acción, saúde e seguridade) dependen, de forma directa e indirecta, dos tres tipos de servizos que son proporcionados polos ecosistemas e a súa biodiversidade:

• Servizos de abastecemento:
Aquelas contribucións directas ao benestar humano provenientes da estrutura dos ecosistemas. Alimentación, auga doce, materiais de orixe biótico (madeira, celulosa, fibra téxtil…etc), materiais de orixe geótico (sal mariño ou continental), enerxía renovable, medicinas naturais e principios activos.

• Servizos de regulación:
Aquelas contribucións indirectas ao benestar humano provenientes do funcionamento dos ecosistemas. Regulación climática, regulación da calidade de aire, regulación hídrica e depuración da auga, control da erosión e fertilidade do chan, regulación de perturbacións naturais, control biolóxico e polinización de cultivos, entre outros.

• Servizos culturais:
Aquelas contribucións intanxibles que a poboación obtén a través da súa experiencia directa cos ecosistemas e a súa biodiversidade. Coñecemento científico, coñecemento ecolóxico local, identidade cultural e sentido de pertenza, gozo espiritual e relixioso, gozo estético das paisaxes, actividades recreativas e de ecoturismo, educación ambiental.

En Agroamb somos conscientes da importancia de coidar o capital natural e preservar a biodiversidade. Unha preocupación que é inherente á nosa filosofía e á que quixemos ir achegando aos poucos o noso gran de area. Primeiro coa recuperación dunha semente autóctona como a do Trigo Caaveiro, da que hoxe en día cultivamos máis de 50 hectáreas, e proximamente cunha nova forma de contribuír a potenciar os servizos ecosistémicos. Non vexades como desexamos contárvolo, pero deberedes ser pacientes.

Pero antes, agora que sabedes o que son estes servizos que nos ofrece a natureza de forma desinteresada, queremos lembrarvos a importancia de coidar ese patrimonio: é a base do benestar humano. A necesidade é planetaria, pero tamén se pode trasladar á realidade máis próxima. Preservar os ecosistemas españois axudaranos a ser menos vulnerables a perturbacións naturais externas como incendios, pragas ou enfermidades emerxentes e tamén a ser máis independentes antes as crises dos mercados internacionais.

No Comments

Post A Comment

Translate