I+D+I

Busca da innovación da man das universidades, centros tecnolóxicos e empresas


O I+D+i é un aspecto fundamental para o Grupo Agroamb. Desde o primeiro momento desenvolveuse unha estreita relación coa Universidade, especialmente co campus de Lugo, o que axudou a despexar dúbidas, a acreditar e gañar credibilidade e fiabilidade técnica.

A colaboración cos centros tecnolóxico é estreita, sobre todo con Energylab, Ainia, Cetal, Cis Madera, Anfaco-Cecopesca ou Cetmar e Aimén por citar algúns. Tamén colaboramos con outras entidades como Feuga, ITG, Fundamar, etc.

No ámbito empresarial, traballamos coas consultorías Trillum Consultores, Eco3G, Álvarez Real, Atom Consultores, Zabala Innovation Consulting, S.A , Estrategia y Organización, Dpi, ITC, Inova, AT Consultores ou Team and Time. Así mesmo desenvolvemos colaboracións con outras empresas, tanto españolas (Kiwi Atlántico, Repsol, Soaga, Urbaser, Inse Control, Sayga, …), como portuguesas (Avilafoes, Savinor, Iberagar, Prio Energy ou Lipor).

PROYECTOS DE I+D+i