Converter un residuo nun recurso

Que é a economía circular?

Atopámonos ante un novo ciclo histórico, estamos nun punto de inflexión: xa non se trata dun problema de modelo enerxético, estamos ante un problema máis amplo, o modelo de desenvolvemento, un problema global. Hai que reconducir os procesos. Temos o reto dun novo paradigma, ético, político, cultural, técnico, legal.

O desenvolvemento sustentable non é un concepto só técnico senón tamén político, dá lugar a un novo concepto de economía, a economía circular.

É un novo concepto de sociedade, de empresa. E é neste concepto no que Agroamb foi pioneira, no que cre e pola que aposta desde o inicio da súa actividade

Medioambiente

Agroamb desempeña un importante papel como un dos provedores líderes de Galicia buscando a solución adecuada aos residuos. O Grupo ofrece unha alternativa viable e sostible á xestión dos residuos biodegradables, seleccionando os mellores materiais orgánicos biodegradables, para convertelos en materia prima á hora de elaborar produtos para a agricultura. Mediante un innovador proceso de xestión e tratamento obtemos un fertilizante orgánico de baixo custo apto para uso agrícola e forestal.

A súa preocupación esténdese á calidade do produto e o servizo, e dentro desta filosofía coexiste a idea da bioseguridade e da calidade ambiental.

Translate