Agroamb patrocinador de MOEXMU 2019

Do próximo 5 ao 7 de abril celébrase a 33º edición do Concurso de Gando Frisón, Moexmu (Mostra de Exposición de  Muimenta). 

Esta feira nada no ano 1985, na parroquia luguesa de  Muimenta, converteuse nun dos eventos clave dentro do sector, non só a nivel provincial, senón tamén a nivel galego.

Conta cada ano con máis de 15.000 visitantes e xera unha media de entre 2 a 4 millóns de euros. Nun recinto de 25.000 metros cadrados, lévase a cabo a poxa de máis de 100 cabezas de gando, procedentes de diferentes puntos de Galicia, Asturias ou Salamanca, entre outros. Ademais tamén se comercializa maquinaria agrogandeira, artesanía popular galega, produtos galegos de calidade e viños da terra.

Na edición do ano pasado o premio para a vaca Gran Campioa foi de 1.750 euros, mentres que a granxa propietaria da Mellor Novilla levou 500 euros e 250 euros o mellor criador. Este ano o xuíz asignado por CONAFE (Confederación de Asociacións de Frisoa Española) é Santiago García Souto e o xornalista Manuel Cruz será o encargado do pregón.

Desta forma, MOEXMU, converteuse no mellor escaparate do sector primario, así como un punto de encontro entre profesionais do sector.

Desde o ano 2015, en  Agroamb estivemos presentes co noso stand, no que ofrecemos información acerca de plans agronómicos e fertilizantes orgánicos. 

Esperámosvos o 5, 6 e 7 de abril no recinto feiral de Manuel Vila  Muimenta, no municipio de Cospeito. 

Sin comentarios

Publica un comentario

Translate