A Fundación Blas da Ponte de Outeiro

A Fundación foi constituída a 30 de decembro de 2009, por Severiano e Álvaro Ónega, na memoria do seu pai, como entidade de interese galego, sen ánimo de lucro. En novembro de 2010 foi clasificada de interese para a defensa do medio natural de Galicia, pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

Actividades desenvoltas pola Fundación Blas da Ponte de Outeiro

  • Actividades de psicoloxía e dinamización coa terceira idade.
  • Estudo coa Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega sobre os antigos Camiños Reais na zona.
  • Patrocinio do disco “Terra Chá KIBITKA + Xúa” editado por Inquedanzas sonoras (en homenaxe á musica chairega e aos seus poetas –Manuel María e Xosé Ramón Crecente Vega).
  • Patrocinio de concertos con músicos rusos no ámbito rural (Ponte de Outeiro).
  • Diversos trofeos para premios de  Asociacións Rurais de Xogos tradicionais.

A fundación Blas da Ponte de Outeiro
conta cos seguintes obxectivos

  • Contribuír ao desenvolvemento local sostible

  • Posta en valor da da agricultura, gandería e a explotación sustentable.

  • Respecto ao medio e á súa protección.

  • Posta en valor da paisaxe e o desenvolvemento sostible do medio rural.

  • Toda acción encamiñada á mellora da economía de Galicia.