Quen é Grupo Agroamb

En Agroamb Prodalt adicámonos á valorización de residuos orgánicos do tecido industrial galego para o sector agrícola. Unha valorización que supón someter os residuos a un ciclo de tratamento para a obtención de fertilizantes agrícolas. Traballamos fundamentalmente con lodos de depuradora procedentes tanto de estacións de augas residuais como de industrias alimentarias, pero tamén con estiércoles, cinzas de combustión madeireira e todo material susceptible dunha reciclaxe segura e con garantías para a súa valorización como fertilizante ou emenda agronómica. A nosa oferta inclúe unha xestión integral dos devanditos produtos, para o que realizamos análises de chan e lodos e plans de fertilización, establecendo as doses adecuadas para aplicar segundo o cultivo.
Estes produtos orgánicos son resultantes da depuración das augas residuais e caracterízanse por posuír unha serie de elementos que os fan atractivos para ser aproveitados como abono. Por exemplo posúen unha alta porcentaxe en materia orgánica, ademais de nitróxeno e fósforo, imprescindibles para o crecemento vexetal.

 

As orixes do Grupo Agroamb xorden no ano 1999, da man dun veterinario de Lugo, Severiano Ónega, en concreto de Ponte de Outeiro-Castro de Rei, quen foi a primeira persoa en Galicia, en darse de alta para usar lodos de depuración na agricultura e converter un residuo nun recurso. Hoxe en Agroamb Prodalt destinamos boa parte dos seus recursos á investigación aplicada e colaboramos en proxectos con Universidades e Centros de Coñecemento.

Con sede en Lugo, Agroamb emprega a máis de 38 persoas do rural e máis de 150 persoas de maneira indirecta en actividades complementarias á agraria e tamén prestamos servizos a máis de 50 empresas e comunidades. Pero esta, é só a insignia máis coñecida dun grupo máis amplo.

O Grupo Agroamb conformase a través dunha estrutura de catro empresas que permiten pechar o ciclo da produción agrícola, co aporte engadido da valorización de restos orgánicos biodegradables como fertilizante de uso agrícola. En concreto o conxunto das empresas do grupo que empezou soamente ca produción forraxeira, na actualidade dan servizos de asesoramento e xestión á industria produtora dos residuos, realizan o transporte e o tratamento dos restos orgánicos biodegradables para finalmente elaborar os plans agronómicos e distribuír e aplicar o fertilizante na terra, xa convertido nun RECURSO de alto valor engadido, ademais de realizar todos os traballos agrícolas necesarios para a adecuada aplicación.

Translate