Fertilizantes

A cooperativa dende a súa constitución, en busca sempre dunha mellor e meirande produción, probou a utilización de distintos fertilizantes orgánicos para achegar nutrientes aos cultivos.

Trobo Agrícola desenvolve técnicas respectuosas co medio a través do uso da tecnoloxía máis innovadora achegada por Ónega Ares, para aforrar fertilizantes, sementes e fitosanitarios.

Agroamb xestiona e dálles solución actualmente aos restos orgánicos xerados en explotacións agrarias e gandeiras ou grandes industrias agroalimentarias do tamaño de poboacións como Lugo, Vigo, A Coruña… ou Burela, Vilalba.

Os residuos analizados previamente para determinar a súa aptitude para uso agrícola son tratados e hixienizados para, posteriormente, elaborar diferentes emendas e fertilizantes orgánicos que melloran as propiedades físicas, químicas e biolóxicas da terra galega. Deste xeito, ademais, benefícianse ambas as partes: os gandeiros poden asumir as súas obrigas sobre o tratamento do abono e os agricultores poden acceder a un fertilizante orgánico. Na actualidade Agroamb Prodalt conta con 9 produtos fertilizantes inscritos no Rexistro de Produtos Fertilizantes do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que comercializa en Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal.

O uso de fertilizantes orgánicos de distinta natureza, xurros, estercos, lodos de depuración etc. (sempre cumprindo e garantindo o estrito cumprimento da normativa o respecto), fixo que a cooperativa empezase a incrementar o número de hectáreas, coa entrada de Agroamb, como novo socio que aglutinaba 150 explotacións e unha superficie de 600 ha, e que buscaba unha produción máis sostible.