Forraxes ou cultivos

Produción sostible de forraxes

As parcelas de titularidade propia, que forman parte da cooperativa en man común da terra, son cultivadas con criterios e técnicas respectuosas co medio e coa tecnoloxía máis innovadora achegada por Ónega Ares, para aforro de fertilizantes, sementes e fitosanitarios. Dando unhas producións de millo forraxeiro e herba de gran calidade a custos moi baixos, que se poñen a disposición dos gandeiros de vacún de leite da contorna

Recuperación de terreos para a produción forraxeira e gandeira optimizando recursos dispoñibles


Diferentes estudos de investigación con axuda dos investigadores da USC, entre outros co Departamento de Produción Vexetal e o Ibader, e a experiencia adquirida a través dos anos do estudo e recompilación de datos das parcelas levadas por Agroamb nestes 15 anos, demostran que os fertilizantes orgánicos e as emendas son a mellor opción para axudar a recuperar un solo degradado que leva anos “a monte, de poula” ou que foi dedicado a un cultivo intensivo, sen rotación, ou a forestal. A isto temos que engadirlle que teñen un custo económico moi baixo, o que favorece que moitos gandeiros e agricultores se animen a traballar fincas que estaban de baldío, e as cultiven. Deste xeito optimizan os seus recursos, xa que teñen produción propia de forraxes para silo e non dependen da produción de pensos compostos, para os que son necesarios materias primas importadas polas grandes multinacionais que fixan os prezos.