Responsabilidade social corporativa
“Unha organización inmersa na sociedade”
Agroamb apoia os dez principios do Pacto Mundial referente aos Dereitos Humanos, os Dereitos Laborais, o Medio Ambiente e a loita contra a corrupción. Comprometéndonos a facer do Pacto Mundial e dos seus principios parte da estratexia, da cultura e das accións cotiás da compañía. Neste senso integra aspectos responsables dende a concepción do negocio. Nestes momentos Agroamb atópase nun proceso formal de implantación da responsabilidade social corporativa, e adheriuse como firmante o programa RSE-PYME do Pacto Mundial de las Naciones Unidas (United Nations Global Compact) dende 2012. É socio da Red Española do Pacto Mundial e en 2013 anunciou o seu primeiro Informe de Progreso.
É a nosa decisión asumir un papel de liderazgo nas iniciativas de sostenibilidade específicas do noso sector e estimular a outros a comprometerse cos Dez Principios do Pacto Mundial de Nacións Unidas (United Nations Global Compact), que fan referencia a Dereitos Humanos, Dereitos Laborais, Medio Ambiente e loita contra a corrupción, iniciativa da cal somos firmantes. Como firmantes de dito Pacto (a maior iniciativa voluntaria de responsabilidade empresarial e desenrolo sostible do mundo, orientada á xeración de valor compartido), comprometémonos a facer do Pacto Mundial e dos seus dez principios parte da estratexia, da cultura e das accións cotiás da empresa.