Agricultura de precisión

Ónega Ares conta cunha potente infraestrutura e con modernos equipamentos agrícolas dotados de tecnoloxía GPS e apeiros de gran calidade, que lle permiten ofertar aos clientes a coñecida como agricultura de precisión xeoreferrenciada, contribuíndo así ao aforro de enerxía, tempo, sementes e fertilizantes. Na hora de fumigar os campos cos produtos fitosanitarios aforrase gran cantidade de produtos químicos, contribuíndo deste xeito a redución da contaminación e a preservar a natureza e a biodiveridade. Na actualidade ten implantado o sistema TIMBLE GPS.

A preocupación por mellorar de maneira constante os seus servizos, sempre respectuosos co medio natural, leva a Ónega Ares a determinar cal é a súa pegada de carbono derivada das súas actividades, procurando minimizar os posibles efectos sobre o quecemento global.

Contan con maquinaría novedosa para o cultivo dos campos como modernos tractores, coseitadoras, camións eiruga…, dotados da última tecnoloxía.

Ofrece os medios técnicos necesarios para a aplicación dos nosos abonos a aqueles clientes que non dispoñan da maquinaria adecuada. Tamén ofrece outros servizos ao agricultor como son a preparación do terreo, a sembra, a aplicación de fitosanitarios, e collido, etc.