16 Jan 8 tips para un consumo responsable (non só) durante as festas do Nadal
Se a túa casa e oficina enchéronse de caixas, plástico, papeis de agasallo, confeti, lazos…non es o único, é froito da sociedade de consumo en que estamos inmersos. Paráchesche algunha vez para pensar como evitar estes desfeitos e facer un consumo responsable antes e despois desta longa época festiva?
Desde pensar con antelación os nosos agasallos, controlar a nosa decoración para vixiar a alimentación, todo axuda para ser máis responsables e xustos co noso planeta.
En Agroamb, e coa axuda dos nosos seguidores de redes sociais, confeccionamos uns tips para que o teu próximo nadal teñas o premio ao “máis responsable da veciñanza”.
1- Antes de comprar, pensa se realmente necesítalo. Se xa vas comprar, compara a materia prima e os procesos de fabricación. A madeira achega solucións para case todos os sectores, desde mobles, envases e embalaxes, xoguetes, téxtiles.
2- Amigo invisible ou agasallo solidario. Cada vez somos máis os que optamos por calidade fronte a cantidade, facendo un único agasallo nestas datas mediante o xogo do amigo invisible. Os agasallos solidarios tamén son boa opción para facer un consumo responsable.
3- Regala cousas necesarias e que non contaminen. As experiencias sempre son unha boa opción e non necesitan envoltorio. Se vas regalar xoguetes, non esquezas o propósito educativo e o material do que están feitos.
4- Entrega os teus agasallos en bolsas de tea ou papel, reutilizables. Se tes creatividade podes elaborar o teu propio papel de agasallo con xornais e revistas usados. Os lazos con teas ou produtos naturais. Evita os plásticos custe o que custe e todo o que implique un único uso.
5- Tanto para os obsequios como para as diferentes ceas e comidas, recorre a produtos de tempada e de proximidade. Se ademais son de pequeno comercio ou mercado, estarás a contribuír tamén á economía local. Outra opción son os produtos de comercio xusto.
6- Luces na árbore? Sabemos que custa ver unha árbore #do Nadal sen luz, pero sería o mellor para o noso planeta. Se aínda así as queres colocar que sexan de baixo consumo. Limita o seu uso a días especiais e por suposto non as deixes as 24 h acesas.
7- Unha alimentación responsable. Tanta familia xunta que é importante calcular as racións de comida que tocan para cada un. Se sobra, é hora de utilizar as nosas fiambreras ou conxelar todo aquilo que se poida aproveitar. Calcúlase que se tira o 25 % da comida.
8- En toda festa, sabemos que é moito máis cómodo usar vaixelas plásticas ou de papel, usar e tirar. Pero lembra que isto é moi contaminante. Usa o lavalouzas e se es dos poucos que prescinde deste electrodoméstico bota a sortes co teu cuñado ou sogra a quen lle toca fregar.
Se este ano non che deu tempo a planificar as túas festas ou non che parabas a pensar no impacto dos teus hábitos de consumo, animámosche a poñer en práctica estes consellos e lembra que tamén estás a contribuír a mellorar o noso benestar, cando depositas cada residuo no seu contedor. Así garantimos a súa reciclaxe, aforramos enerxía e materias primas e por tanto contribuímos á sustentabilidade futura. Temos todo un ano por diante para cambiar os nosos hábitos de consumo.
No Comments