Aceleramos para frealo

Dende hai unhas semanas, todos os españois, ao igual que boa parte dos cidadáns de todo o planeta, estamos unindo os nosos esforzos para plantarlle cara á expansión da enfermidade do Covid-19. Ese desafío, que, sen lugar a dúbidas está a reforzar os nosos lazos como sociedade, esixe ratificar o noso compromiso individual como persoas pero, dun xeito moi singular, tamén o das empresas.

 

Nun contexto sen precedentes como é actual, todas as compañías debemos antepoñer a nosa responsabilidade social a calquera outra prioridade. Por iso dende Agroamb continuamos a traballar, coa nosa planta de tratamento e o transporte de residuos e subprodutos operativos e cos departamentos de administración e comercial en modalidade de teletraballo.

 

Deste xeito é como en Agroamb queremos acelerar para frear, na medida das nosas posibilidades, o impacto da pandemia:

 

Aceleramos porque debemos. A misión de servizo público está no ADN da nosa empresa dende a súa constitución hai dúas décadas. Por iso neste momento, máis ca nunca, poñemos á disposición da sociedade o coñecemento que fomos acumulando, máxime nun contexto no que é imprescindible garantir a correcta xestión dos residuos e subprodutos da industria agroalimentaria.

 

Aceleramos porque podemos. As autoridades veñen de reiterar que a nosa é unha actividade esencial, tal como se recolle nos artigos 18 e 20 do Decreto Lei 10/2020 de 29 de marzo polo que se decreta a paralización de empresas que non estean consideradas como de servizos esenciais. Nesta normativa incídese en que a actividade que estamos a prestar dende Agroamb é indispensable tanto para o tratamento das augas residuais como para a correcta xestión dos residuos e subprodutos do eido agroalimentario.

 

Aceleramos porque queremos. Como non podía ser doutro xeito, dende o primeiro intre incorporamos ao noso día a día unha batería de medidas adicionais ás decretadas polas autoridades sanitarias para situar no centro das nosas prioridades a protección da seguridade e saúde do noso persoal e dos nosos clientes.

En definitiva, dende Agroamb estamos convencidos de que esta é unha loita colectiva, pero na que é clave cada esforzo individual. Por iso nós témolo claro: aceleramos en todo o que está nas nosas mans para frear a curva canto antes.

 

 

No Comments

Post A Comment

Translate