Como a rotación pode coidar da Terra e das terras

Alternar as variedades plantadas e empregar fertilizantes orgánicos como os que elabora Agroamb mellora as condicións dos solos e protexe o planeta

De onde saíu esa alfombra amarela que, a cada paso, cobre máis predios de Galicia? Cal é o beneficio de incorporar novas variedades á produción agrícola? Pode que vostede, se ten percorrido as estradas do noso país nos últimos anos, se fixese estas preguntas ao ver os, cada vez máis habituais, campos de Colza. Esta tendencia, como tamén a recuperación de especies autóctonas, ten un motivo. Nas seguintes liñas atopará a resposta a esas preguntas e moitas outras que teñen un denominador en común: a bondade da rotación para a Terra e as terras.

 

Na maioría dos casos a sociedade tende a pensar que os termos tradición e innovación conforman unha dicotomía na que ambos termos xamais se atopan. Afortunadamente o Rural está ai para derrubar os mitos con prácticas como a rotación de cultivos. Algo tan vencellado á agricultura tradicional a pequena escala como era cambiar as variedades a plantar nun mesmo terreo non se fixo oco nas producións de maior volume ata ben avanzado o século vinte. As consecuencias das metodoloxías extensivas son innumerables: dende o esgotamento do recursos dos solos, ás pragas, pasando pola baixada do rendemento dos cultivos, ou os propios efectos nocivos para o medio ambiente. Afortunadamente, en comarcas como a Terra Chá luguesa, xurdiron proxectos como os de Agroamb que recollen o mellor das tradicións do pasado para avanzar cara un futuro máis próspero es sostible.

 

A empresa con sede na Ponte de Outeiro leva apostando, dende hai máis de 20 anos, por procesos herdados do coñecemento dos seus antepasados aos que aplica técnicas innovadoras. Tal é o caso das súas enmendas orgánicas, procedentes da valorización de residuos orgánicos da industria agroalimentaria, que supoñen unha solución 3 en 1 para a fertilización dos cultivos. O modelo de economía circular do grupo fundado polos irmáns Ónega Ares tamén inclúe o cultivo de forraxes e a prestación de servizos agrícolas. A constante procura de Agroamb de solucións que impulsen o desenvolvemento sostible da súa contorna levoulle a introducir novas variedades e metodoloxías de traballo como a Agricultura Intelixente. Para o CEO da firma, Severiano Ónega, “a mellor homenaxe que podemos facer ao legado que nos deixaron os nosos pais é garantir un futuro próspero para as novas xeracións e, para iso, ten unha gran trascendencia o emprego eficiente dos recursos”.

 

Os campos amarelos das primeiras liñas responden a esa inquedanza. A introdución da Colza ten moito que ver co gran rendemento de esta planta oleaxinosa en Galicia que alcanza producións de 4.000 a 5.400 kg/Ha fronte aos 2.000-2.500 kg/Ha que se recollen nas rexións da meseta. As condicións meteorolóxicas e dos solos sitúan a esta variedade como idónea para produción de forraxes de proximidade en rotación co cultivo tradicional do millo, ademais dos futuros usos en industrias emerxentes como a da produción de biocombustibles. Alén dunha cuestión de produtividade, a aposta pola alternancia de cultivos busca optimizar o consumo dos recursos dos solos con variedades cuxas necesidades de nutrientes se complementen. Isto ten como resultado terreos máis estruturados, con menor presencia de pragas e una maior capacidade de captura de carbono, cos beneficios que supón para o medio ambiente. Se ademais sumamos na ecuación o cultivo noutros predios de especies autóctonas como o trigo caaveiro, o resultado que obtemos suma unha gran achega na protección da biodiversidaede.

*Artigo publicado no especial agropecuario de El Progreso o 28-2-2023

 

No Comments

Post A Comment

Translate