
31 Oct Agroamb, presente na primeira Asamblea Xeral de SUPREMAS
Esta semana Agroamb estivo presente en Rieli (Italia) para participar na primeira Asemblea Xeral de SUPREMAS.
Os nosos compañeiros Rafael Saavedra López e José Antonio Veiga Pérez asistiron a dúas xornadas nas que se compartiron os principais avances do proxecto e nas que se foi trazando a súa folla de ruta a curto e medio prazo.
Ademais, puideron coñecer en primeira persoa as instalacións de RESET e dúas plantas de gasificación para produción de gas de síntese.
SUPREMAS é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea co obxectivo de avanzar no liderado tecnolóxico continental no desenvolvemento de #bioenerxía, fomentar o desenvolvemento de sistemas descentralizados de gas e contribuír á transición enerxética para diferentes casos de uso.
Toda a información está dispoñible na páxina web de supremas.eu, onde tamén se poden coñecer ao detalle os casos de estudo que se están realizando na nosa planta de Ponte de Outeiro e nas instalacións de Freixo WWTP en Porto (Portugal).
No Comments