17 Mar Comunicado de prensa en relación ao protocolo polo COVID-19
Dende Agroamb Prodalt SL poñémonos en contacto cos nosos Clientes/Proveedores/Colaboradores para compartir como afrontamos a pandemia COVID-19. Con motivo da declaración do Estado de Alarma e seguindo as instrucións das autoridades competentes para a contención do coronavirus, nas próximas semanas Agroamb adaptará a súa actividade a esta nova situación, co obxectivo de garantir o servizo e minimizar, na medida do posible, o impacto desta pandemia global.
Por este motivo, informamos de que por responsabilidade e solidariedade no contexto actual(ao igual que outros colectivos) seguiremos prestando o noso servizo. Un servizo fundamental e estratéxico para asegurar as condicións hixiénicas e sanitarias mínimas para garantir a depuración das augas e evitar verteduras que poidan comprometer a súa calidade, o que implicaría un deterioro inaceptable da saúde de toda a poboación e do medio ambiente.
Para iso:
- Seguiranse as medidas e recomendacións de hixiene indicadas polo Ministerio de Sanidade e o protocolo de actuación específico que elaborou o noso servizo de prevención.
- Seguimos conectando contigo a través das canles habituais a pesar de que as nosas oficinas presenciais están pechadas ao público.
- A Planta de Tratamento permanecerá aberta durante o seu horario normal. Para máis información, consulte www.agroamb.com
- Calquera persoa que acceda ás instalacións de Agroamb deberá seguir as indicacións do local e persoal autorizado.
Estas medidas manteranse sempre que sexa necesario, segundo a información e as instrucións que poidan vir do Ministerio de Sanidade ou competencias superiores, e poderán complementarse con novas medidas ou ser alteradas, nese caso manterémosche informado.
Pedimos desculpas se durante a duración das medidas do Estado de Alarma o noso servizo sofre un atraso ocasional. Podes contactar connosco a través das canles habituais. Moitas grazas pola colaboración, creo que todos compartimos, que é un deber que traballamos todos xuntos para superar esta pandemia.
#QuédateEnCasa, Agroamb actúa por e para ti.
Atentamente, Severiano Ónega Ares
No Comments