O rural quere sementar un futuro diverso e inclusivo

Empresas como a lucense Agroamb buscan promover o fin das desigualdades apostando por dar oportunidades a aqueles colectivos en risco de exclusión

A pandemia provocada polo virus SARS- CoV-2 supuxo unha voz de alarma para o planeta e á vez un impulso a un novo paradigma de sociedade. A crise xerada pola Covid-19 orixinou que as desigualdades tamén aumentasen e con iso o risco de exclusión de diferentes colectivos. O papel dos distintos actores da sociedade será fundamental para evitalo e por iso Agroamb, desde o rural, aposta por un futuro diverso e inclusivo.

No noso percorrido de 20 anos, que celebramos o pasado mes de xullo, fomos derrubando tópicos sobre o noso sector e o noso ámbito. Quedou demostrado que unha PEME si pode involucrarse en accións de Responsabilidade Social Corporativa e que o rural pode ser motor de innovación e aposta por un modelo de produtividade sostible. Dende as zonas máis despobladas en moitos casos avanzouse cara ao futuro que está por vir antes que naquelas dunha contorna máis urbana.

Apoiamos os dez principios do Pacto Mundial sobre Dereitos Humanos, Dereitos Laborais, Medio Ambiente e loita contra a corrupción. A nosa estratexia busca achegar un valor engadido á súa contorna máis aló do que pode xerar a súa propia actividade e para iso cuentamos coa guía dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible recollidos na Axenda 2030 de Nacións Unidas. Para sementar un rural cun futuro diverso e inclusivo, poucas directrices están máis encamiñadas a iso que o ODS 10 que fala do fin das desigualdades. As diferentes políticas de recursos humanos, de contratación de provedores ou a participación en diferentes programas de patrocinio sempre teñen en conta esta premisa.

Un exemplo diso é a empresa encargada da limpeza das nosas instalacións en Lugo e en Castro de Rei cuxa labor de inserción de mozas en risco de exclusión social foi clave á hora da súa contratación. En colaboración con Cruz Vermella levamos a cabo tamén a contratación de persoas que podían verse afectadas por esta problemática.

Pero a nosa inquedanza por que ninguén quede atrás non se reduce a exclusivamente á nosa contorna. Durante os últimos meses as desigualdades tamén aumentaron para as poboacións vulnerables en países con sistemas sanitarios máis deficientes e en países que se enfrontan a crises humanitarias existentes. Por iso somos patrocinadores da Alianza Empresarial para a Vacinación Infantil, unha iniciativa de Gavi the Vaccine Alliance e “a Caixa”, coa colaboración de ISGlobal, para a loita contra a mortalidade infantil nos países máis pobres do mundo. Grazas a este movemento máis de seis millóns de nenos e nenas tiveron acceso a unha prevención que doutro xeito non houbese posible.

O talento non entende de idade
As políticas de recursos humanos teñen un papel fundamental na procura dese futuro integrador e inclusivo da contorna rural e á vez pode tratarse dun impulso para volver encher o que a sociedade coñece como a España baleirada.

A chegada de recentemente titulados e tituladas en busca dunha primeira oportunidade laboral é unha inxección demográfica e económica para este tipo de contornas. Desde os nosos primeiros pasos apostamos pola incorporación destes perfís, un feito que axudou a fixar poboación cualificada na Terra Chá.

Pero como as aptitudes non entenden de idades, os díxitos que aparezan no documento de identidade dos candidatos non condicionan os nosos procesos de selección. Máis ben todo o contrario. Os profesionais dunha idade avanzada supoñen tamén un activo importante xa que, dentro da nosa estratexia de contratacións, contémplase a incorporación de persoas que por idade atópanse en risco de exclusión do mercado laboral.

De igual forma, as estratexias para combater as desigualdades de xénero supoñen un aspecto moi importante dentro dos obxectivos do noso grupo empresarial. A presenza das mulleres no rural tamén será un factor crave para garantir o futuro do mesmo e por iso apoiamos o programa Target Gender Equality, un acelerador de Pacto Mundial que busca fomentar o liderado e a representación das mulleres nos negocios.

No Comments

Post A Comment

Translate